«A poesía é unha das expresións máis puras da liberdade da lingua. É un elemento constitutivo da identidade dos pobos; encarna a enerxía creativa da cultura na súa facultade de renovarse sen cesar.»
Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO,
con motivo do Día Mundial da Poesía, 21 de marzo de 2013
Ravertiña recomendavos visitar estes enlaces:
LIBRO-POEMA DE ROSALÍA DE CASTRO
Este é fragmento dá película "O CLUB DOS POETAS MORTOS" do ano 1989. O profesor Keatin dá a súa visión de como entender a poesía.
150 Aniversario da Publicación de Cantares Gallegos
Cantares Galegos é unha obra poética de Rosalía de Castro (1837-1885) publicada en 1863.
Os textos de Cantares Galegos son clasificables atendendo aos seguintes temas:
Poemas costumbristas: Presentan carácter descriptivo e narrativo.
Poemas amorosos: "Quíxente tanto meniña", "Cantan vos galos pró día"...
Poesía cívico-social: Poemas reivindicativos referidos frecuentemente á emigración como "Adios ríos, adios fontes" ou "Casteláns de Castilla".
Poesía intimista: só aparece o eu poético de Rosalía en dous poemas, "Campás de Bastabales" e "Como chove miudiño". Neles avánzase a profundidade que terá a súa obra posterior. Con todo, tamén se poden observar os sentimentos íntimos de Rosalía en "Un repoludo gaiteiro", cando fala de "... pobres pombas, buscaban a luz que as ía queimar...
Escoitade esta interpretación dunha poesía de Rosalia de Castro polo gran cantautor Amancio Prada acompañado duns grandes músicos. Unha pequena cuestión: de que trata a letra? ........
A continuación podedes ver un pequeno recordo fotográfico do Día da Paz deste curso. Facede click sobre a imaxe para acceder a nova completa no Faro de Vigo.
Lectura recomendada,xogos e vídeos sobre o Día Mundial da Paz e Non Violencia
-Conto para o día da paz-
Premendo sobre a paloma podedes acceder a un xogo relacionado co día da Paz.