martes, 27 de noviembre de 2012

Catorce anos sen Gloria Fuertes 

Tal día coma hoxe pero do ano  1998 déixabannos  Gloria Fuertes. Hoxe desde a Biblio queremos lembrala.Grazas por escribir para @s nen@s.


domingo, 25 de noviembre de 2012




 Exposición biblioteca

Cliqueando na imaxe da dereita poderedes ver os contidos relacionados co Día Mundial dos dereitos d@s nen@s que vimos na biblioteca xunto co Día Internacional de Loita contra a violencia de xénero.



Día Universal dos dereitos  d@ Nen@.

"Cada 3 segundos o mundo perde un neno." Unha acción de Grey, Alemania para a ONG International Children's Fund con motivo do Día Universal do Neno.













jueves, 15 de noviembre de 2012


Nesta estantería aparecen algúns dos vosos libros preferidos.  Se queredes engadir mais xa sabedes ....

IV Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia: LER PARA VER

Os días 9 e 10 de novembro de 2012 tiveron lugar, en Santiago de Compostela (Palacio de Congresos), as IV XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA, cita anual do colectivo de profesores e profesoras comprometidos coa biblioteca escolar e a lectura nos centros públicos galegos. Logo da paréntese de 2011 (ocasionada pola celebración, nas datas acostumadas, do que fora o congreso Bibliotecas Escolares en Tránsito, con carácter estatal), reanúdase unha actividade que, con periodicidade anual, combinando a fórmula xornadas/encontros, vén reunindo a máis de mil docentes en Compostela, preocupados por mellorar a súa formación en todo o relacionado coa lectura na actual sociedade da información, así como as estratexias necesarias para unha axeitada educación neste terreo, pois as bibliotecas escolares son territorios privilexiados para adquirir competencias imprescindibles para moverse polo mundo da información, son centros de recursos de lectura, información e aprendizaxe, fundamentais en colexios e institutos.
O lema destas xornadas, LER PARA VER, recolleu a necesidade de educar para unha lectura comprensiva e crítica dos medios de comunicación, dos medios polos que se transmite información na sociedade actual, máis aló de soportes ou xéneros discursivos. No programa contempláronse conferencias plenarias (Fabio TropeaTíscar LaraLuis González) e mesas de experiencias, coa participación de expertos en distintos medios, relacionándoos coa educación (prensa, radio, cómic, videoxogos, arte, audiovisuais, vídeo, cine, animación....) e responsables de bibliotecas escolares con boas prácticas nestes ámbitos.

lunes, 29 de octubre de 2012

Samaín 2012


Non vos esquezades de acceder na columna da dereita aos xogos e lecturas que propoñemos.











lunes, 1 de octubre de 2012