viernes, 7 de junio de 2013

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO : "A IDADE MEDIA"

Durante este curso como sabedes estivemos traballando no  proxecto documental de centro sobre A Idade Media. 

a) Infantil: investigaron os oficios da Idade Media e a vestimenta medieval.

b) 1º ciclo de E.P: Cabaleiros e Castelos

c)  2º ciclo de E.P: Curiosidades medievais e Xogos da Idade Media a través do cadro de Pieter Brueghel titulado " Xogo de Nenos".

d) 3º Ciclo de E.P: realizaron unha webquest sobre o Camiño de Santiago.

Na área de Lingua Inglesa durante o segundo trimestre o alumnado de terceiro ciclo exerceu de contacontos e de actores. Esta tarefa desenvolveuse en duas fases. A primeria consistiu en contar contos ao alumnado de 1º ciclo de E.infantil. Na segunda fase fixeron unha representación dos contos.Ditas actividades fixéronse na biblioteca.

Dende a Área de Educación artística un ano máis celebráse a Semana da Música (17-21 xuño) na que se pretende un achegamento á cultura medieval a través da música e do teatro. 

VER PROGRAMACIÓN

Grabacións música medieval realizadas na biblioteca.

Intérpretes 3º,4º,5º,6º.
Data de grabación: 20 de xuño de 2013.
Formato: mp3


No hay comentarios:

Publicar un comentario