Obra realizada o día 19 de maio de 2013 na biblioteca do CEIP MANUEL RIVERO DE LALIN ambientada na Idade Media.
Actores: 3º E.P
Guionista: Marisa
Caracterización: Pais e nais dos nenos e Marisa.
Escenografía: Loli.
Biblioteca M.Rivero 2012-2013
Benvid@s ao blogue da Biblioteca do curso 2012-2013.
viernes, 21 de junio de 2013
viernes, 7 de junio de 2013
PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO : "A IDADE MEDIA"
Durante este curso como sabedes estivemos traballando no proxecto documental de centro sobre A Idade Media.
a) Infantil: investigaron os oficios da Idade Media e a vestimenta medieval.
b) 1º ciclo de E.P: Cabaleiros e Castelos
c) 2º ciclo de E.P: Curiosidades medievais e Xogos da Idade Media a través do cadro de Pieter Brueghel titulado " Xogo de Nenos".
d) 3º Ciclo de E.P: realizaron unha webquest sobre o Camiño de Santiago.
Na área de Lingua Inglesa durante o segundo trimestre o alumnado de terceiro ciclo exerceu de contacontos e de actores. Esta tarefa desenvolveuse en duas fases. A primeria consistiu en contar contos ao alumnado de 1º ciclo de E.infantil. Na segunda fase fixeron unha representación dos contos.Ditas actividades fixéronse na biblioteca.
Dende a Área de Educación artística un ano máis celebráse a Semana da Música (17-21 xuño) na que se pretende un achegamento á cultura medieval a través da música e do teatro.
VER PROGRAMACIÓN.
Grabacións música medieval realizadas na biblioteca.
Intérpretes 3º,4º,5º,6º.
Data de grabación: 20 de xuño de 2013.
Formato: mp3
.
Grabacións música medieval realizadas na biblioteca.
Intérpretes 3º,4º,5º,6º.
Data de grabación: 20 de xuño de 2013.
Formato: mp3
.
jueves, 23 de mayo de 2013
Colaborador@s 3º trimestre.
LISTAXE DE COLABORADORES 3º TRIMESTRE:
LUNS ----------------------------------------- LUCÍA-MARÍA.
MARTES -------------------------------------AARÓN- ALBERTO.
MÉRCORES ----------------------------------- PAULA.V- PAULA G.
XOVES------------------------------------------ADRIANA-ANDREA G.
Grazas pola vosa colaboración.
martes, 30 de abril de 2013
lunes, 22 de abril de 2013
DÍA MUNDIAL DO LIBRO
23 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR/A.
ENTREVISTA 2 TROQUELIBRO 2013 by BIBLIOMRIVEROENTREVISTA 1 TROQUELIBRO 2013 by BIBLIOMRIVERO
"...Os libros son os nosos aliados para difundir a educación, a ciencia, a cultura e a información en todo o mundo.»
Irina Bokova, Directora General da UNESCO
Co gallo da celebración de dita efeméride organizáronse duas actividades que se prolongaron toda a semana
APADRIÑAMENTO LECTOR
@ TROQUELIBRO 2013
@ TROQUELIBRO 2013
jueves, 21 de marzo de 2013
21 de Marzo 2013 Día da poesía
«A poesía é unha das expresións máis puras da liberdade da lingua. É un elemento constitutivo da identidade dos pobos; encarna a enerxía creativa da cultura na súa facultade de renovarse sen cesar.»
Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO,
con motivo do Día Mundial da Poesía, 21 de marzo de 2013
Ravertiña recomendavos visitar estes enlaces:
LIBRO-POEMA DE ROSALÍA DE CASTRO
Este é fragmento dá película "O CLUB DOS POETAS MORTOS" do ano 1989. O profesor Keatin dá a súa visión de como entender a poesía.
miércoles, 6 de febrero de 2013
Rosalía de Castro
150 Aniversario da Publicación de Cantares Gallegos
Cantares Galegos é unha obra poética de Rosalía de Castro (1837-1885) publicada en 1863.
Os textos de Cantares Galegos son clasificables atendendo aos seguintes temas:
Poemas costumbristas: Presentan carácter descriptivo e narrativo.
Poemas amorosos: "Quíxente tanto meniña", "Cantan vos galos pró día"...
Poesía cívico-social: Poemas reivindicativos referidos frecuentemente á emigración como "Adios ríos, adios fontes" ou "Casteláns de Castilla".
Poesía intimista: só aparece o eu poético de Rosalía en dous poemas, "Campás de Bastabales" e "Como chove miudiño". Neles avánzase a profundidade que terá a súa obra posterior. Con todo, tamén se poden observar os sentimentos íntimos de Rosalía en "Un repoludo gaiteiro", cando fala de "... pobres pombas, buscaban a luz que as ía queimar...
Escoitade esta interpretación dunha poesía de Rosalia de Castro polo gran cantautor Amancio Prada acompañado duns grandes músicos. Unha pequena cuestión: de que trata a letra? ........
Mayo longo, mayo longo
todo cuberto de rosas
para algús telas de morte
para outros telas de bodas.
Mayo Longo, mayo longo
fuches corto para min
veu contigo a miña dicha
volveu contigo o fuxir
Ç
Suscribirse a:
Entradas (Atom)